martes, 18 de noviembre de 2014

A miña razón.

Hoxe preséntovos a miña segunda tarefa con motivo do 25N, día no que se conmemora ás mulleres que sofren de violencia de xénero. Nela, había que elaborar unha curta con esa temática. 
O meu compañeiro e mais eu fixemos unha curta titulada A miña razón, xa que nela se conta, de maneira abstracta, a razón que lle levou a unha muller que era maltratada a seguir adiante e tapar as feridas pola súa filla. 
Para facela, o primeiro foi quitar a vergoña e facer de actriz durante uns poucos segundos. Cunha boa idea e un pouco de creatividade conseguimos un enfoque orixinal e emotivo. Os vídeos son orixinais, igual que o texto, que foi editado en PicMonkey nunha fotografía en branco. Todo isto foi montado co programa Windows Live Movie Maker, no que tamén engadimos esta canción de fondo.
Con esta mensaxe pretendemos facer ver á xente como sofren os fillos de mulleres maltratadas a violencia de xénero. 




No hay comentarios:

Publicar un comentario